domingo, 11 de noviembre de 2018

PREPARANDO O MAGOSTO


DISFRACES MONSTRUOSOS



PLAN DIRECTOR

O luns día 5 veu visitarnos Roberto, un policía de Pontevedra, que nos contou as cousas boas de Internet e dos móbiles pero tamén nos falou dos perigos que teñen as redes sociais. Avisounos moi ben dos coidados a ter en conta cando nos conectamos con persoas que non coñecemos, cando xogamos en rede, cando chateamos... A verdade é que da un pouco de mediño despois de escoitalo, pero toda información vennos moi ben. Gracias a Roberto.

CONXURO DE SAMAÍN

Ogallá se cumplan as palabras deste conxuro e que as meigas boas nos traian alento para seguir polo bo camiño.

RELATOS DE MEDO


Anque parecen pouquiños houbo moitos máis, por iso cada clase recibiu un agasallo sorpresa para que sigan escribindo contiños de medo ou do que queiran.
Estes son algúns dos premiados:










SAMAÍN

Un día cheo de cabazas, maquillaxes, baile ... Tamén houbo premios aos mellores relatos curtos de medo.

domingo, 21 de octubre de 2018

A SANTA COMPAÑA

Como non hai Samaín sin Santa Compaña. mirade este outro contiño

SAMAÍN

Deixámosvos aquí un contiño de Samaín protagonizado pola Rata Luisa. Agradecémoslle ao seu autor, Mon Daporta Padín, que nos permitise facelo público neste blog.


EMPEZAMOS

Primeiro de todo darvos a benvida a este blog de nova creación. Nel poderedes informarvos das actividades complementarias e extraescolares, poderedes publicar todo aquelo que teña relación con elas, ver e lembrar días estupendos do voso e do noso paso por este colexio. Para iso só tendes que falar co profesorado do equipo de actividades extraescolares que este curso son: Laura, Marcos, Josefa, Lidia, Eva e Elvira. 
Moito ánimo e alegría. Bicos para todas e todos.